-
5% dto.
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría
-
-
-
Unidad(es)
-
Comprar
-
Suscríbete
a nuestro newsletter
Y recibe toda la información de la categoría
Te informaremos de todas las novedades y libros relacionados.
Introduce tu email
El email introducido no es correcto
Suscríbete
Caracteristicas
- Sistema educativo: LOE
- Idioma: Gallego
- Impresión: Color
- Páginas: 284
- Formato: 21 x 24 cm
- Edición: 2016
- Peso: 0,76 kg.
- Editorial: Paraninfo
-
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría
-
9788497329828
-
-
Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Auxiliares de Xestión de Tesouraría, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría iníciase cunha introdución ao sistema financeiro español que facilita o coñecemento dos instrumentos e mercados, así como das institucións que operan en dito sistema.
A continuación, trátanse os medios de cobramento e pagamento, e diferentes elementos de control de tesouraría. Deseguido, explícanse os cálculos propios das operacións financeiras, desde as leis de capitalización simple e composta ou o desconto comercial, ata as rendas e a liquidación de préstamos. O libro remata cunha parte dedicada ás operacións de seguros.
Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades resoltas e exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación (tests para a toma de conciencia do grao de dominio da materia), e de ampliación (casos propostos con solución final). Así mesmo, achéganse ao longo das diferentes unidades actividades propostas, para que o profesor dispoña dunha ferramenta adicional que complemente a explicación teórica.
En definitiva, Operacións auxiliares de xestión de tesouraría contén a formación necesaria para habilitar o alumnado para a realización das operacións administrativas propias do procedemento de xestión de tesouraría necesarias para a adecuada dirección financeira da empresa.
O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Formación Profesional e Bacharelato da rama Administrativa. Ademais, desempeñou cargos directivos durante varios anos e, actualmente, compaxina a actividade docente coa Coordinación de Programas Internacionais, xestionando prácticas laborais no estranxeiro para alumnos de ciclos formativos.
-
-
-
Unidad(es)
-
Comprar
-
Bloque I. O diñeiro e o sistema financeiro español.
1. O diñeiro; 2. O sistema financeiro español.
Bloque II. Tesouraría da empresa e o seu control.
3. Medios de cobramento e pagamento; 4. Control de tesouraría.
Bloque III. Lei financeira de capitalización simple.
5. Cálculo financeiro a xuro simple; 6. Desconto comercial e equivalencia financeira.
Bloque IV. Lei financeira de capitalización composta.
7. Cálculo financeiro a xuro; 8. Aplicacións da capitalización composta.
Bloque V. Operacións bancarias (I).
9. Operacións pasivas: contas correntes; 10. Operacións activas: contas de crédito.
Bloque VI. Operacións bancarias (II).
11. Rendas; 12. Amortización de préstamos.
Bloque VII. Produtos e servizos de seguros.
13. Seguros e empresa.
- Descargas públicas
-
Fe de erratas
-
Lista de erratas encontradas en el libro.
-
Ex@mina. Generador de pruebas de evaluación
Disponemos de exámenes precargados de este libro en nuestra Herramienta online para la creación de pruebas de conocimiento.
El libro pertenece a los siguientes catálogos
Sala de prensa